Chucketta

Lembra que se che gusta o que facemos e o que fan xs nosxs artistas a mellor maneira de apoiar é que deixes un DONATIVO en función das túas posibilidades, porque deste xeito estarás animando e axudando a que den maior prioridade na sú vida ao seu arte.


  Lemniscata

16/08/2015


Tras uns tempos de renovación, de loita e de problemas para sacar adiante proxectos, queremos anunciar que a nova curtametraxe de Luis E. Froiz está xa dispoñible na web, para o voso disfrute!

  Best Of GCDayer

23/05/2014


O recopilatorio co mellor do noso artista GCDayer está xa online, preparado para que o disfrutedes. 30 pistas coa súa personalísima mezcla de pop, rock e elementos electrónicos.

Visitar páxina.

  GCDayer - Popsody

27/04/2014


O mítico disco de GCDayer de 2008, Popsody, xa está subido á rede. Reedición dun disco que xa é un clásico do Pop/Rock con elementos electrónicos, e que ninguén debería perderse.

Podedes desfrutalo aquí.

  GCDayer, 04/04/04 Lisboa (Horiginal. Gratis/Free)

01/04/2014


Este venres, día 4 de Abril, o noso artista GCDayer tocará no Horiginal de Lisboa gratis.

  O Morgado Tivo Un Prezo - Prólogo

17/02/2014


Xa está aquí o prólogo en versión cómic de O Morgado Tivo Un Prezo, a curtametraxe tamén distribuída nesta web, dirixida por Pedro Díaz en 2010. Debuxa e guioniza Alejandro Almau, e axudará a comprender un pouco máis sobre a historia entre os irmáns Ferreira, Mundo e Milhomes.

Disfrútao aquí!

  O Morgado Tivo Un Prezo

20/01/2014


Subimos á nosa plataforma a mítica curtametraxe de Pedro Díaz "O Morgado Tivo Un Prezo". Traxicomedia con moita influencia dos westerns de Sergio Leone pero adaptándose á realidade galega.

Védeo aquí.

  GCDayer - Say Don't - Look What!

07/01/2014


Anunciamos dende xa mesmo que un novo disco de GCDayer está subido á rede. Trátase do "Say Don't - Look What!", editado orixinalmente en 2009. Pop/Rock con elementos electrónicos, ademáis con 2 temas bonus na descarga, non incluídos na versión subida a Youtube!

Podedes disfrutalo aquí

  Da Man Da Raíña Vermella

06/11/2013


Enorgullécenos anunciar que a curtametraxe "Da Man Da Raíña Vermella", dirixida en 2007 por Omar Rabuñal Varela e Miguel Corujo, está xa na nosa Netlabel.

Podedes botarlle un vistazo aquí.

  GCDayer - Nail On The Head

21/10/2013


Énchenos de orgullo anuncia-lo lanzamento do disco Nail On The Head de GCDayer a través da nosa Netlabel. Podedes disfrutalo aquí

  GCDayer.

10/10/2013


Anunciamos, de maneira oficial, a fichaxe dun músico da calidade de GCDayer pola Netlabel. En breve, comenzaremos a subir á web os traballos que ten editado ata agora.

Seguinte Derradeira